erros na tua paxina web

Sabías que? 5 erros na túa páxina web que che fan perder clientes (e seguramente non o sabes)

Os erros na tua paxina web son máis comúns do que parece e poden estar facendo que perdas clientes sen decatarte.

Hoxe en día, ter unha páxina web é fundamental para calquera empresa que queira ter presenza en internet. Non obstante, moitos negocios cometen pequenos erros que poden parecer pouco importantes, pero que teñen un gran impacto á hora de atraer ou perder clientes.

De feito, moitas empresas non son conscientes de que a súa web non está funcionando como debería. Non se trata só de ter unha páxina bonita, senón de que sexa útil, clara e pensada para converter visitas en clientes.

Corrixir os erros na túa páxina web pode marcar a diferenza á hora de atraer novos clientes e mellorar os resultados do teu negocio.

A continuación, amosámosche 5 erros moi comúns nas páxinas web que poden estar a facer que perdas oportunidades sen decatarte.

1. A túa web tarda demasiado en cargar

Un dos factores máis importantes nunha páxina web é a velocidade. Os usuarios de internet teñen cada vez menos paciencia e esperan que unha web cargue en poucos segundos.

Se a túa web tarda demasiado en cargar, é moi probable que os visitantes marchen antes incluso de ver o contido. Isto non só afecta á experiencia do usuario, senón tamén ao posicionamento en buscadores.

Algunhas causas habituais dunha web lenta son:

  • imaxes demasiado pesadas
  • exceso de plugins
  • mala optimización

Mellorar a velocidade pode marcar unha gran diferenza nos resultados da túa web.

Podes comprobar a velocidade da túa web con ferramentas como Google PageSpeed Insights, que analiza o rendemento e ofrece recomendacións de mellora.

2. Non se ve ben no móbil

Cada vez máis persoas acceden a internet a través do móbil. Se a túa páxina web non está adaptada a dispositivos móbiles, estás perdendo unha gran cantidade de clientes potenciais.

Unha web que non se adapta correctamente pode ter problemas como:

  • textos demasiado pequenos
  • botóns difíciles de premer
  • deseño desorganizado

Un deseño responsive é fundamental para ofrecer unha boa experiencia en calquera dispositivo.

3. Non queda claro o que ofreces

Un dos erros na túa páxina web máis frecuentes é non explicar claramente que fai a empresa. Cando un usuario entra na túa web, debería entender en poucos segundos a que te dedicas e como podes axudalo.

Se a mensaxe non é clara, o máis probable é que o usuario abandone a páxina e busque outra alternativa.

Para evitalo, é importante:

  • ter un título claro
  • explicar os servizos de forma sinxela
  • destacar os puntos fortes

A primeira impresión é clave.

4. Non tes chamadas á acción

Outro erro moi habitual é non indicar ao usuario que facer unha vez está na web. Moitas páxinas ofrecen información, pero non guían ao visitante cara a unha acción concreta.

As chamadas á acción (CTA) son fundamentais para converter visitas en clientes. Exemplos de CTA poden ser:

  • Contacta connosco
  • Solicita información
  • Pide o teu orzamento

Sen estas indicacións, o usuario pode marchar sen dar ningún paso máis.

5. A información está desactualizada

Unha web con información antiga ou incorrecta pode xerar desconfianza nos usuarios. Horarios erróneos, servizos que xa non se ofrecen ou datos de contacto incorrectos son máis comúns do que parece.

Manter a web actualizada é fundamental para transmitir unha imaxe profesional e fiable.

Ademais, actualizar contido regularmente tamén pode axudar a mellorar o posicionamento en buscadores.

6. Por que estes erros fan que perdas clientes?

Moitas veces, estes problemas pasan desapercibidos para a empresa, pero non para os usuarios. Pequenos detalles poden facer que un visitante decida marchar e buscar outra opción.

Unha páxina web debe estar pensada non só para informar, senón tamén para convencer e facilitar o contacto.

Conclusión

Evitar estes erros na túa páxina web é fundamental para ofrecer unha boa experiencia aos usuarios.. Non se trata de facer grandes cambios, senón de optimizar detalles que marcan a diferenza.

En Dual Webmedia axudamos a empresas e autónomos a mellorar as súas páxinas web para que non só teñan presenza en internet, senón que tamén consigan clientes.

Queres saber se a túa web está a perder clientes? Estaremos encantadas de axudarche.

Scroll al inicio