Redes sociales
Redes Sociais

Creamos e xestionamos as túas redes sociais para conseguir
máis presenza online.

previous arrow
next arrow

Impulsamos a presenza dixital do teu negocio

Deseñamos webs estratéxicas e xestionamos redes sociais para que a túa empresa medre cunha imaxe profesional, coherente e actual.

Redes sociais

Convertimos as túas redes sociais nunha ferramenta real de visibilidade e captación.

Creación de Páxinas Web

Creamos páxinas web estratéxicas, personalizadas e autoxestionables, pensadas para converter visitas en clientes.

Mantemento Web

Asegurámonos de que a túa web estea sempre actualizada, segura e optimizada.

Nós

Somos dúas profesionais especializadas en informática e comunicacións que decidimos unir a nosa experiencia para axudar ás pequenas empresas a medrar no entorno dixital.

Visión

En Dual Webmedia cremos que detrás de cada negocio hai ilusión, esforzo e unha historia que merece ser contada. A nosa visión é axudar a que esa esencia se vexa reflectida no mundo dixital, conectando cos clientes dunha forma próxima, auténtica e profesional.

Misión.

A nosa misión é converter a presenza dixital das pequenas empresas nunha ferramenta real de crecemento, acompañándoas en cada paso con proximidade, compromiso e solucións feitas á medida.

inicio_1_pagina_web

Por que elixirnos?

En Dual Webmedia non cremos en solucións estándar nin en estratexias copiadas.
Cada proxecto comeza desde cero, analizando o teu negocio, o teu público e os teus obxectivos para crear unha presenza dixital coherente, profesional e pensada para medrar a longo prazo.

Non só deseñamos páxinas web ou xestionamos redes sociais.
Acompañámoste durante todo o proceso, resolvemos as túas dúbidas e explicámosche cada paso con claridade, para que entendas que facemos e por que o facemos.

O noso compromiso é que o teu investimento teña sentido e xere resultados reais.

Tes algo en mente?

Cóntanos o teu proxecto e axudarémoste a definir a mellor estratexia para a túa web ou as túas redes sociais.

Servizos

Os nosos últimos posts en Instagram.

Síguenos nas redes sociais para estar ao día dos nosos traballos e consellos.

Coñécenos un pouco máis!

Scroll al inicio